Biblia SEPT 1989
|
| 1 |
| Se alguén quere facer unha oblación á honra do Señor, terá que ser de flor de fariña, engadíndolle aceite e botándolle incenso enriba. |
| 2 |
| Deberállela presentar ós sacerdotes, fillos de Aharón. O sacerdote collerá dela unha presa da súa flor de fariña, parte do seu aceite e todo o incenso, e queimarao sobre o altar aceso, como lembranza de recendo para Iavé. |
| 3 |
| O resto da oblación será para Aharón e para seus fillos, como porción máis santa do holocausto á honra do Señor. |
| 4 |
| Cando ofrezas unha oblación cocida no forno, ha de ser un molete de flor de fariña sen fermento adobada con aceite, e boliños sen fermento amasados con aceite. |
| 5 |
| Se a oblación fose fritida na tixola, ha de ser de flor de fariña sen fermento mesturada con aceite; |
| 6 |
| cortarala en rebandas e botaraslle enriba aceite: é unha oblación. |
| 7 |
| Se a túa oblación fose cocida, terá que ser de flor de fariña con aceite. |
| 8 |
| Levarás, pois, ó Señor a ofrenda preparada destas diferentes maneiras e presentaraslla ó sacerdote, que a porá sobre o altar. |
| 9 |
| O sacerdote quitará da oblación a lembranza e queimaraa no altar como holocausto de recendo para o Señor. |
| 10 |
| O resto da oblación será para Aharón e para seus fillos, como porción máis santa do holocausto para o Señor. |
| 11 |
| Toda oblación que lle fagades ó Señor ha de ser preparada sen fermento, porque non se debe queimar en holocausto ó Señor ningunha ofrenda con fermento ou mel. |
| 12 |
| Poderédelas ofrecer como oblación de primicias ó Señor, pero non as queimaredes no altar como recendo para o Señor. |
| 13 |
| Ademais disto, sazonarás con sal toda oblación, endexamais faltará o sal da alianza do teu Deus en ningunha das túas ofrendas. Porás sal por riba de toda oblación túa. |
| 14 |
| Se ofreces oblación de primicias ó Señor, presentarás espigas sen madurar, torradas no lume, debullando os seus grans tenros, como oblación das túas primicias; |
| 15 |
| botaraslles aceite enriba e poraslles incenso, pois é unha oblación. |
| 16 |
| O sacerdote queimará a lembranza, parte dos grans debullados e parte do aceite e todo o incenso, como holocausto para o Señor. |
|
| Gardar Notas |
https://beblia.bible:81/BibleAudio/galaciansept/leviticus/002.mp3
27
2